Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Premio Novela Europea, para Juan Vásquez e Jesús Carrasco

Súas obras ‘Llévame a casa’ e ‘Volver la vista atrás’ foron as máis votadas // A mínima diferencia que as separou fixo que o xurado decidise dar dous galardóns

No Casino de Santiago presentouse onte o fallo da XVI edición do Premio Novela Europea Casino de Santiago.

As novelas finalistas obtiveron os seguintes resultados: El amor en caso de emergencia, de Daniela Krien Grijalbo (6,31% dos votos); La vida verdadera, de Adeline Dieudonné Salamandra (13,16%); Llévame a casa, de Jesús Carrasco Seix Barral (28,78%); O cervo e a sombra, de Diego Ameixeiras Xerais (22,69%); Volver la vista atrás, de Juan Gabriel Vásquez Alfaguara (29,03%). Ante a mínima diferenza entre os dous máis votados, o xurado decidiu conceder o Premio EX-AEQUO tanto a Llévame a casa, de Jesús Carrasco Seix Barral, como a Volver la vista atrás, de Juan Gabriel Vásquez Alfaguara. O número de votos emitidos polo público foi 404. Bastante superior ao da pasada edición que houbo 262.

Por todo elo os organizadores do Casino agradeceron a colaboración de todos os implicados, empezando polo secretario xeral de Política lingüística, Valentín García, principal valedor deste Premio, e seguindo por: Guadalupe Rodríguez, directora do Centro Socio-Cultural Maruxa e Coralia, que coordinou toda a votación dos Centros Socio-Culturais de Santiago; Jesús Torres, director da Bibliotéca Ánxel Casal; a das Bibliotecas da Xunta, Fuencisla Cid, directora de Ámbito Cultural do Corte Inglés; a directora das librerías do Corte Inglés de Galicia e Asturias; e Fernando Ochoa, das librerías da Cadea Santos Ochoa. Agradecemento que tamén fixeron extensivo aos membros do Xurado, aos votantes, ás librerías de Santiago, Comercio punto Compostela e aos camareiros do Casino que custodiaron as urnas e atenderon todas as preguntas dos que solicitaron información sobre as votacións.

Carmen Alonso, membro do Xurado, fixo unha extraordinaria recensión das novelas gañadoras que deixou patente a calidade destas obras:

No caso da novela Volver la vista atrás, definiua como un fresco do século XX e principios do XXI, no que se conta a vida do cineasta e actual embaixador de Colombia en China, Sergio Cabrera. Explicou Carmen Alonso que a novela partindo da Guerra Española, conta o exilio en Colombia, a estancia en China coa participación do protagonista na Revolución Cultural, a volta a Colombia e á guerrilla das FARC e remata co abandono da guerrilla e coa súa carreira de cineasta.

En canto a novela Llevame a casa, Carmen Alonso explicou que nela contase a historia dun mozo que non soporta vivir no seu pobo e marchase a Edimburgo, supostamente cunha beca, pero en realidade traballa como xardineiro. A novela prantexa o problema de quen se ocupa dos maiores nos pobos xa que o protagonista neste caso encontrase en Edimburgo e a súa única irma, investigadora en Barcelona, ten que marchar a Estados Unidos. A novela termina cun cambio significativo nas costumes, non é a filla a que volve ao pobo para ocuparse da nai , é o fillo o que volve, e a súa volta vai provocar un cambio no seu comportamento sobre todo no que se refire á relación coa nai.

Valentín García considerou que o Premio Novela Europea é unha aposta pola literatura na que a novela galega compite con éxito, como é o caso de O Cervo e a sombra, con novelas de escritores de dimensión internacional.

Insistiu tamén na importancia de que este Premio sexa unha suma de múltiples colaboracións: Casino de Santiago, Bibliotecas da Xunta, Centros Socio-Culturais, etc, e tamén unha suma de cidades, non só galegas, senón tamén do Estado Español e outras cidades europeas.

20 ene 2023 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito